Outros recursos

siguenos-en-facebook

BannerArquivoAudiovisual

asociacin de interese social

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

O tempo

Proxectos

BannerIdeaRedondelaPXOM2015

BannerApego2015

BanerFondoGalegoCoop

l CARREIRA POPULAR DE NADAL REDONDELA SOLIDARIA

CartelCarreiraSolidariaNADAL2016

O vindeiro día 24 de decembro, ás 17:00 horas, terá lugar a l Carreira Popular de Nadal Redondela Solidaria, cun percorrido urbano de 4 km (dúas voltas ao circuíto). Esta proba está aberta a todo o público, cativos e maiores, e ten carácter popular. Non haberá clasificación nin cronometraxe.

As inscricións serán de balde, a través de www.redondela.gal, presencialmente no departamento de deportes do Concello de Redondela, e na zapatería Susuela, ou tamén o mesmo día a carón do Concello de Redondela, dende as 15:30 ata as 16:30 h.

 

LAPIZ   INSCRÍBETE AQUÍ

 

   

A retirada de dorsais será unicamente na tarde da proba (soportais do Concello de Redondela), dende as 15:30 ata as 16:30 h. A participación na carreira queda limitada a 250 persoas, e farase por rigurosa orde de inscrición.

  

pdf small DESCARGAR OS PLANOS DO PERCORRIDO

 

  

A proba finalizará ás 17:50 h. Habilitarase, para quen así o desexe, unha recollida de xoguetes novos para que toda a rapazada redondelá poida xogar este Nadal.

As persoas participantes contarán cun seguro individual de accidentes deportivos.

Ao remate da proba haberá chocolate quente para todas as persoas participantes.

Anímate e participa!