Outros recursos

siguenos-en-facebook

BannerArquivoAudiovisual

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

O tempo

Proxectos

BannerDEP2017

BannerIdeaRedondelaPXOM2015

BannerApego2015

BanerFondoGalegoCoop

AS MAIMIÑAS PRESENTAN “UNHA VIAXE POLO MUNDO” NA XUNQUEIRA

ActuacionNADALmaiminhas2016

A programación de Nadal inclúe un concerto de música infantil, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística dentro do programa APEGO, de dinamización lingüística da primeira infancia.

“Unha viaxe polo mundo” é o título deste espectáculo en galego do grupo As Maimiñas, unha aventura musical dirixida, principalmente, a nenas e nenos de 0 a 10 anos e as súas familias, na que durante máis dunha hora, cantarán, bailarán e gozarán dun divertido espectáculo musical.

Os temas incluídos neste traballo discográfico forman parte do libro-disco do mesmo nome publicado por Galaxia na colección Sonárbore.

 

“Para viaxar podes coller barcos, avións ou incluso camelo. Ou se cadra, abonda con acompañar ás MAIMIÑAS nesta volta e reviravolta musical arredor do mundo. Sabes cantar? Sabes bailar? Daquela, estás lista para viaxar”.

 

O espectáculo será o luns 26 de decembro, ás 19:00 h, no auditorio da Xunqueira, con entradas á venda dende o xoves 22 no propio espazo, cun prezo de 3 € para público infantil e 5 € para público adulto.

 

Redondela, 16 de decembro de 2016