Outros recursos

siguenos-en-facebook

BannerUEedusi2020

 BannerArquivoAudiovisual2017

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

O tempo

Proxectos

BannerPaulinaSanchez2017

BANNERobradoiroRedemprega2017

BannerIdeaRedondelaPXOM2015

BannerApego2015

BanerFondoGalegoCoop

“NADAL DE VILA EN VILA” CHEGA A REDONDELA

CartelNadalVilaEnVila2016 Redondela

A Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística municipal, achega ao auditorio da Xunqueira o martes 27 de decembro, ás 18:30 h, un obradoiro de cantos de Nadal, destinado a público infantil.

'Nadal de vila en vila', é o nome deste obradoiro de música de Nadal en galego, que pretende achegarlles aos participantes a tradición musical galega das festas do Nadal mediante a interpretación de panxoliñas, xaneiras, aninovos, cantares de reis ou aguinaldos.

Da man de dous recoñecidos músicos, Uxía Senlle e Santi Cribeiro, as persoas asistentes participarán do obradoiro no que usarán diferentes instrumentos de percusión (botellas de anís, paus, cunchas...) cos que acompañarán as voces. A partir dun conto de Nadal, que guiará a introdución das distintas pezas, proxectaranse imaxes e letras dos cantos e entregaráselles aos participantes unha edición especial con letras de temas musicais tradicionais propios destas datas.

A duración da actividade, deseñada en exclusiva para o programa Nadal en Rede, é de 50 minutos, e vai dirixida a familias con nenas e nenos a partir dos 4 anos, que poderán ir acompañados dunha persoa adulta.

A participación neste obradoiro é de balde, pero ten aforamento limitado, polo que cómpre retirar a entrada no propio multiúsos da Xunqueira o mesmo martes 27 de decembro en horario de mañá.

A actividade desenvolverase no auditorio a partir das 18:30 h.

Só se admite unha persoa adulta por cada nena ou neno participante.

 

Redondela, 22 de decembro de 2016