Outros recursos

siguenos-en-facebook

asociacin de interese social

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

O tempo

Proxectos

BannerIdeaRedondelaPXOM2015

BannerApego2015

BanerFondoGalegoCoop

CAPTURA LIBROS CON LEOLO GO!

 

BibliotecaCapturaLibros

 

A mañá do 3 de xaneiro,  na Alameda de Redondela, tivo lugar a primeira actividade dos Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela deste recén estreado 2017.

Tratábase dun xogo de búsqueda a través do teléfono móbil por toda Redondela, seguindo o modelo do famoso Pokemon Go e coa meta final de gañar un libro.

A actividade resultou formidable. Tanto a rapazada, como os seus pais e nais, como os membros desta asociación e o persoal da biblioteca que participou na mesma, todos tiveron unha impresión moi positiva. Os Amigos recibiron eloxios por parte dos participantes, e o agradecemento de seguir mantendo o roteiro virtual para repetilo en máis ocasións.

Todo un logro para esta xoven e pequena asociación, pero que tanto está a traballar a favor da lectura e das  bibliotecas de Redondela.

A parte máis interesante do xogo foi a mistura entre o seu compoñente lúdico e didáctico, xa que cada unha das Leoloparadas contiña información relevante, curiosa e de interese sobre a nosa vila.

Os participantes, 16 rapaces de diferentes idades, entre 6 e 16 anos, completaron o percorrido seguindo as pistas, e acadaron cadanseu agasallo. Os pais e nais acompañantes colaboraron e axudaron en todo o momento, e ata o tempo, que  estaba un pouco difícil, fixo unha tregua para facilitar a actividade.

Agradecémoslles aos Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela esta orixinal proposta e... Parabéns polo éxito!