Outros recursos

siguenos-en-facebook

BannerArquivoAudiovisual

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

O tempo

Proxectos

BannerDEP2017

BannerIdeaRedondelaPXOM2015

BannerApego2015

BanerFondoGalegoCoop

CHARLA-COLOQUIO: "FALANDO DE...APRENDIZAXE EMOCIONAL"

ActividadeAprendizaxeEmocional biblioFeb2017

A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela organiza a charla-coloquio "Falando de... aprendizaxe emocional" o venres 3 de febreiro ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Redondela.

Acción, reacción. Ante os estímulos, respondemos; o noso ánimo cambia, mais, ¿é todo tan incontrolábel?
 
Entender as nosas emocións, xestionar os nosos desexos, canalizar as esperanzas antóllanse tarefas vitais nun tempo no que a intelixencia, antano considerada estática e monolítica, é entendida de xeito global segundo un modelo múltiple e dinámico.
 
Rosa Encinas introduciranos nesas procelosas augas nunha xuntanza na que se ha debater, desde a práctica, sobre a intelixencia emocional, o seu sentido e a súa aplicación.
 
A entrada é libre e de balde