Outros recursos

siguenos-en-facebook

BannerUEedusi2020

 BannerArquivoAudiovisual2017

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

O tempo

Proxectos

BannerPaulinaSanchez2017

BANNERobradoiroRedemprega2017

BannerIdeaRedondelaPXOM2015

BannerApego2015

BanerFondoGalegoCoop

AULA MÓBIL INFORMATIVA SOBRE RECICLAXE EN REDONDELA

CARTELaulaMobilReciclaxe2017

Seguindo coas actividades desenvolvidas no Concello de Redondela encamiñadas á reducción de lixo e o incremento do reciclaxe para acadar os obxetivos marcados pola Unión Europea este venres día 21 se instalará unha aula móvil na Praza do Concello en horario de 10:30 a 14:00 horas.

Esta campaña busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos resuduos para así lograr beneficios ambientais e económicos derivados da separación e do reciclaxe.

Dende a Concellería de Medio Ambiente son moitas as campañas que se están levando a cabo para fomentar o reciclaxe e o compostaxe. Redondela leva anos apostando polo compostaxe individual e agora xa conta tamén cun posto de compostaxe comunitario. Tamén leva a cabo campañas de reciclaxe de vidro como a que tivo lugar no nadal pasado que combinaba a solidariedade coa reciclaxe e que tivo gran acollida entre a cidadanía.

“Seguiremos apostando por todas estas campañas para concienciar á poboación do importante que resulta a reciclaxe para todos e todas nos xa que repercute de maneira moi importante na nosa natureza e nos nosos recursos económicos” Miguel A. Álvarez