Outros recursos

siguenos-en-facebook

BannerUEedusi2020

 BannerArquivoAudiovisual2017

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

O tempo

Proxectos

BannerPaulinaSanchez2017

BannerDEP2017

BannerIdeaRedondelaPXOM2015

BannerApego2015

BanerFondoGalegoCoop

ARQUEOLOXÍA NA PRAIA ESTE VERÁN PARA @S NEN@S DE REDONDELA

A Concellería de Medio Ambiente de Redondela organiza novamente este verán dous obradoiros de arqueoloxía para rapaces e rapazas na praia de Cesantes e Arealonga.

ObradoirosMedioAmbiente2017

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela promove a celebración de dous obradoiros de arqueoloxía nas praias de Cesantes e Aralonga no mes de agosto. O día 8 en Arealonga e o día 10 en Cesantes son as datas escollidas, e cada obradoiro terá unha duración aproximada de 2 horas. Todo o material da escavación será proporcionado pola empresa organizadora. Están destinados a rapaces de entre 6 e 12 anos, e as prazas son limitadas. Os obradoiros realizaranse a partir das 11:00 horas da mañá e será necesaria a inscrición previa no teléfono 986 400 300 Departamento de Medioambiente, de luns a venres, en horario de 9,00 a 14,00 horas ou no enderezo electrónico: medioambiente@ This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Estes obradoiros, serán deseñados e realizados para amosar aos rapaces, dunha maneira lúdica, o proceso científico de escavación arqueolóxica cun tema vencellado ao Concello de Redondela como é o da Batalla de Rande. Con estas tarefas procurarase que os participantes coñezan e valoren a súa historia, entendéndoa coma un patrimonio a protexer, gozar e do que aprender.

Os rapaces realizarán esta escavación arqueolóxica tendo en conta todo o proceso científico dunha intervención destas características, fomentando o traballo en equipo, mellorando a súa relación co medio e coa historia, así como potenciando as súas capacidades cognitivas.